
Neste mes de agosto, coma todo os anos, o Orfeón do Carballiño ten moitas actuacións ou saídas. É o mes das festas. Asi ten: o quince unha misa en en Xubencos;o dezaseis, na catedral de Ourense; o dezasete, unha voda na Veracruz; o vinte e catro, en Freixa; o vinte e oito en Maside.

O día da Asunción de María a Virxe e unha misa en Xubencos. Alí iremos coma noutras moitas ocasións, xa somos moi escoitados nesa parroquia, dado que é un dos sitios onde máis nos queren e están agusto cos nosos cantos. Tamén nós nos esforzamos por gustar e, sobre todo, para quedar ben para seguir telos contentos e que sigan contando con nós.

O dezaseis é na catredal de Ourense, é o segundo ano que imos. O cabildo celebra a San Roque con unha procesión dende a catedral á parroquia de Santa Eufemia do centro, para terminar na nave central da seo coa Misa.

O sábado dazasete de agosto o Orfeón de Carballiño canta a misa da voda no templo da Veracruz de carballiño. Os noivos queren un repertorio un pouco particular, con algunhas cancións moi particulares, como por exemplo: na entrada do noivo, «Mediterráneo» de Serrat; Na entrada do noiva, «Viva la vida»; na comuñón, «El vive en ti», da película do Rey León; e ao final, «Vivimos sempre juntos». Todas as demáis son as normais de moitas Misas.

O testigos principal do casamento foi o titular da comunidade parroquial, o Reverendo Señor Don Jorge Juan, quen subliñou a finalidade e o fundamento da voda, que o reflicto do amor de Cristo con toda a humanidade e, que é o distintivo dos cristiáns.
Parabéns aos noivos e que sexan moi felices.


