Comunicados

Todos os venres o Orfeón reúnese para ensaiar na aula da cultura en Carballiño
Os componentes

O Orfeón do Carballiño consta de trinta e seis coristas ou componentes destribuidos da seginte maneira:
Sopranos: son doce voces
Contraltas: está formado por dez voces femeninas
Tenores: son seis voces masculinas
Baixos: son oito voces masculinas
As orixes

O Orfeón do Carballiño separouse, por diferencias entre os seus compnentes, do coro que había na vila, que estaba constituído polos que hoxe forman os dous coros: A Coral do Casino e o Orfeón, o día seis de febreiro do mil novecentos noventa e tres, en Santiago de Compostela con unha Misa na televisión de Galicia.
Daquelas a situación entre ambos coros era moi complicada, difícil e complexa, creando certa inimiszade entre os coristas, incluso houbo aspectos que que foron dilucidados ante os tribunais de xutiza. Cousa que aumentou as diferencias e tamén as relacións.
Os seu comezos, como de calquera empresa nova, foron moi ilusionantes, con moito nervos, pero tamén cunha gran ledicia e esperanza pola nova vida e camiño emprendido, cheo de dificultades, aínda que con moitos resortes para afrontalos, pola experiencia acadada durante os anos vividos na coral.
O día seis de febreiro de mil novecentos noventa e tres, reúnense un grupo de coristas, trinta e dúas persoas e deciden funda-lo Orfeón do Carballiño, que toma este nome para diferenciarse da Coral Polifónica do Casino do Carballiño.
É preciso lembrar que os integrantes de ámbolos grupos eran xa coristas experimentados, cantando baixo a batuta de Don José Luis Reza Cabano, quen foi o seu director uns vintetres anos. Durante os primeiros anos preside o Orfeón Don Manuel González Álvarez axudado polo que sería despois o seu presidente Don Emilio Rodríguez Álvarez.
Tamén naceu co único fin de divulga-la música coral como medio de expansión de sentementos, crear e exalta-lo folklore galego e, sobre todo, prestixiar e dar a coñecer dignamente o nome da vila do Carballiño alí onde queira que se vaia. E como non, non deixar morrerla polifonía que os corisatas acadaran.
Na actualidade as relacións foron regulándose, aínda que fica algún freco. Non faltan voces que desexan que se volvan fusionar.
Hoxe só quedan algúns coristas, moi escasos, dos que compoñían o coro de entón e, xa se teñen algunhas actuación en común.


