Reseña histórica

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A  Asociación do Orfeón do Carballiño nace o día seis de febreiro de mil novecentos noventa e tres dunha excisión da Coral do Casino. Unha vez que o presidente, Emilio Rodríguez Álvarez, presenta  a súa dimisión polas diferencias e desavenencias co resto dos coristas da coral e, tamén pola forma de actuar o presidente do Casino, dado que o vinte e nove de xaneiro do mil novecentos noventa e tres , ás oito do serán remitiu unha carta ao Emilio, que o enfadaron pola súa redacción e, sobre todo, con certo desprestixio, mentiras e críticas a súa xestión de presidir e dirixi-la coral. O acompañan vinte e nove coristas, entre eles o director: Don José Luis Reza Cabano.

Da man de don José Luis Reza Cabano comenzou a súa andaina con vinte e catro coristas. Logo foise engrandando ata chegar a ter corenta e cinco voces mistas. Hoxe so pasa un pouco de trinta.

Actuaron en RTP, TVG e RTVE, e en países como Arxentina, México, Venezuela, Francia, Portugal, Alemañan, Holanda. No territoria español, en Asturias, Andalucía, Cadtela A Mancha, Castela León, Barcelona, Madrid, País Vasco, Alicante, Cantabria e nas catro provincias Galegas.

Destacan as súas actuacións nas catedrais de Santiago de Compostela, Lujan, Fátima, Lourdes, Notre Dame e a Almudena.

Participou no Encontro Coral Ciudad Almazán (Soria), Encontro Coral Ciudad de Manzanares, Encontro Habaneras de Ávila, Bienal Coral de Guadalajara, Festa da Rosa Portuagla. FDeron conciertos en de Zarzuelas con la Banda de Ribadavia y, actuaron con Carlos Núñez en «Lugares Máxicos».

Ten grabado un CD e organiza desde 1993 o Festival de Habaneras en Carballiño.

Dende o dous mil trece dirixe o Orfeón D. Christian Casas Hernández.