
O trinta de xuño celebrouse en Loeda, Piñor de Cea, a esta do seu padreiro, San Paio, a santa Misa foi cantada polo Orfeón de Carballiño. Despois da Misa o Orfeón interpretou de cancións para animar o día de festa.

Como é costume Loeda ao chegar estas datas, o domingo seguinte ao vinte e seis de xuño, día da festa de San Paio, padroeiro desta comunidade parroquial, celebra a súa festa sempre coa actuación do Orfeón do Carballiño.

Despois da Misa o Orfeón canta tres cancións para animar o día da festa da parroquia.
As cancións foron: Carballinesa de José Luis Reza Cabano, anterior director do coro; María Soliña e a Rianxeira.
